A SOCIEDADE E OS MAIORES, OS MAIORES E A SOCIEDADE

DAVID FILGUEIRA ÁLVAREZ

16 de abril de 2012 19:00

Nos somos parte da sociedade, a sociedade non é parte de nos. Se nos non formamos parte da sociedade, e polo tanto quedamos excluída dela, sentímonos mal, nembargantes, se nos non queremos formar parte da sociedade, a esta, nin lle vai nin lle ven. 

Grupo


Así é a nosa sociedade, que tanto dano nos fai e tan pouca consideración ten hacia nos senos descoidamos un intre de nada. A ela hai que perdoarlle todo, despois de todo a xente é así, así é a sociedade que hemos creado…


No medio a xente maior, a xente que nos preocupa agora, neste terceiro número de rumorosos.com. A pregunta que ronda o aire é sinxela; son os maiores parte da sociedade ou están discriminados por ela, boa pregunta de dubidosa resposta. Os seguintes artigos fanse esta e outras reflexións, con valentía, sen renunciar a través delo a facer toda unha reflexión sobre a propia sociedade na  que vivimos. 


Os tempos difíciles que vivimos na actualidade resultan especialmente propicios para reflexión, agora que se derrumban os xigantes con pes de barro, incluso os xigantes que nunca deberon de erguerse, ponse todo en dúbida; chegarán os cartos para as pensións, reducirá o goberno os presupostos para gasto social, poderá resistir a seguridade social e o estado do benestar… todo pasa de felizmente asimilado a dorosamente cuestionable. 


Rumorosos.com aposta polo debate social, e o incrementa con esta reflexión, dende dentro, dende as verbas dos profesionais que traballan na Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, entidade colaboradora da Xunta de Galicia, que fai coa súa labor, un importante achegamento non dos maiores á sociedade ou da sociadade ós maiores, senon un achegamento que trata de mostrar á sociedade a inmensa actividade que fan os maiores.


Por último unha derradeira pregunta con trampa, unha trampullada: por que nos preocupamos tanto en reflexionar sobre os xóvenes na sociedade se xa nunca máis volveremos a ser coma eles e non o facemos tanto polos maiores cando todos nos sí seremos coma eles. Son os nosos xóvenes máis importantes que os nosos maiores… sopoño que non, quero pensar que non, pode que as verbas dos seguintes artigos nos permitan dilucidar un pouco máis o tema.


DAVID FILGUEIRA ÁLVAREZ

XEFE DE REDACCIÓN DE RUMOROSOS.COM


© Asociación Cultural Gallega de Formación Permanente de Adultos-Aulas Tercera Edad de Galicia 2012